Download PDFLa Xunta de Galicia ha publicado un informe donde compara los principales sistemas de comercio electrónico gratuitos. Os recomendamos leerlo para ayudaros a saber que tipo de software se adapta más a vuestro tipo de negocio y a vuestras necesidades en una tienda online.
ÍndiceCAPÍTULO 1.- PRESENTACIÓN………………………………………………3CAPÍTULO 2.- INTRODUCIÓN………………………………………………..51.- SOLUCIÓNS FLOSS ………………………………………………………………………..52.- ELEMENTOS DUNHA TENDA EN LIÑA ……………………………………………………….73.- MÉTODO …………………………………………………………………………………….84.- PRINCIPAIS PLATAFORMAS DE COMERCIO ELECTRÓNICO FLOSS ………………………105.- PLATAFORMAS DE COMERCIO ELECTRÓNICO SELECCIONADAS …………………………..11CAPÍTULO 3.- OSCOMMERCE………………………………………………131.- CARACTERÍSTICAS XERAIS ………………………………………………………………..132.- VANTAXES E LIMITACIÓNS ………………………………………………………………..173.- REQUIRIMENTOS TÉCNICOS ………………………………………………………………184.- REFERENCIAS ……………………………………………………………………………..185.- CAPTURAS DE PANTALLA …………………………………………………………………19CAPÍTULO 4.- MAGENTO…………………………………………………….211.- CARACTERÍSTICAS XERAIS ………………………………………………………………..222.- VANTAXES E LIMITACIÓNS ………………………………………………………………..263.- REQUIRIMENTOS TÉCNICOS ………………………………………………………………..264.- REFERENCIAS ……………………………………………………………………………..275.- CAPTURAS DE PANTALLA …………………………………………………………………28CAPÍTULO 5.- PRESTASHOP………………………………………………..311.- CARACTERÍSTICAS XERAIS ………………………………………………………………..312.- VANTAXES E LIMITACIÓNS ………………………………………………………………..353.- REQUIRIMENTOS TÉCNICOS ………………………………………………………………..364.- REFERENCIAS ……………………………………………………………………………..365.- CAPTURAS DE PANTALLA …………………………………………………………………37CAPÍTULO 6.- VIRTUEMART……………………………………………….411.- CARACTERÍSTICAS XERAIS ………………………………………………………………..412.- VANTAXES E LIMITACIÓNS ………………………………………………………………..443.- REQUIRIMENTOS TÉCNICOS ………………………………………………………………444.- REFERENCIAS ……………………………………………………………………………..455.- CAPTURAS DE PANTALLA …………………………………………………………………45CAPÍTULO 7.- UBERCART……………………………………………………491.- CARACTERÍSTICAS XERAIS ………………………………………………………………..492.- VANTAXES E LIMITACIÓNS ………………………………………………………………..523.- REQUIRIMENTOS TÉCNICOS ………………………………………………………………..524.- REFERENCIAS ……………………………………………………………………………..521Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre5.- CAPTURAS DE PANTALLA …………………………………………………………………53CAPÍTULO 8.- ANÁLISE COMPARATIVA……………………………….551.- TÁBOA DE FUNCIÓNS BÁSICAS …………………………………………………………….552.- TENDENCIAS ……………………………………………………………………………….56CAPÍTULO 9.- CONCLUSIÓNS……………………………………………….571.- OSCOMMERCE ……………………………………………………………………………..572.- MAGENTO …………………………………………………………………………………583.- PRESTASHOP ………………………………………………………………………………604.- VIRTUEMART ……………………………………………………………………………..615.- UBERCART …………………………………………………………………………………62CAPÍTULO 10.- GLOSARIO DE TERMOS………………………………..652Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreCAPÍTULO 1.- PRESENTACIÓNA Xunta de Galicia mediante a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica puxo en marcha o Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas (FLOSS) para contribuír a transmitir unha imaxe do FLOSS asociada ao bo funcionamento do mesmo e á calidade, adoptando medidas para poñer a disposición da sociedade e do tecido empresarial, software libre que se axuste as necesidades da empresa galega.Entre os compromisos adquiridos no plan de acción FLOSS recóllese a realización de estudos comparativos de Software Libre orientado ao ámbito empresarial, sendo a Oficina de Coordinación FLOSS a responsable da elaboración de estudos tecnolóxicos e funcionais sobre solucións empresariais orientadas as empresas con presencia en Galicia, focalizándose no máis adecuado para o tecido non TIC local.Este primeiro estudo titulado “Comparativa de plataformas de comercio electrónico baseadas en software libre” trata de dar resposta á necesidade detectada de mellorar a presencia en Internet das empresas galegas e poñer en valor as diferentes plataformas FLOSS de comercio electrónico para a venta de produtos e servizos a través da rede.Este traballo analiza cinco das ferramentas FLOSS máis populares empregadas para a posta en funcionamento de tendas en liña a través de Internet. As solucións analizadas son osCommerce, Magento, PretaShop, VirtueMart e Ubercart. Realizouse unha análise sobre os puntos fortes e febles de cada unha das plataformas. Este estudo é complementario doutras accións realizadas en 2010 en colaboración con AGASOL, a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, que publicou a tradución ao galego de Magento.Dende a Oficina de Coordinación FLOSS desexamos que este traballo permita a empresas de distintos ámbitos seleccionar e implantar solucións de software libre para xerar máis riqueza e negocio.3Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre4Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreCAPÍTULO 2.- INTRODUCIÓNO comercio electrónico está experimentando un enorme auxe a nivel global cunhas inmellorables perspectivas sobre o futuro das vendas por Internet e a creación de novas oportunidades de negocio para a peme. Segundo o documento “Comercio electrónico en España, principales tiendas online y situación del sector”, do centro de excelencia en comercio electrónico Comercio Electrónico Global, “en España durante o ano 2009 leváronse a cabo transaccións de comercio electrónico por uns 5.800 millóns de euros, a través dun total de 17 millóns de operacións. A tendencia de crecemento é clara, o comercio electrónico español creceu o ano pasado un 11% e espérase que o resultado do 2010 tamén sexa positivo, segundo o último informe da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT)”.Durante o ano 2010 prosegue a mesma tendencia alcista no volume de ingresos, aínda que se comproba certa desaceleración na taxa de crecemento interanual. Segundo o informe “Comercio electrónico en España a través de entidades de medios de pago”, referente ao 2º trimestre de 2010, publicado pola Comisión del Mercado de las Telecomunicaciones (CMT), “o volume do comercio electrónico en España alcanzou unha nova marca no segundo trimestre de 2010, cunha facturación de 1.835,3 millóns de euros, un 28% máis respecto ao ano anterior. Destes, as empresas españolas ingresaron 1.013 millóns de euros. Os 822 millóns restantes son compras realizadas por cidadáns españois en tendas en liña do estranxeiro”.No presente documento analízanse e compáranse as principais solucións FLOSS dispoñibles para creación de tendas de comercio electrónico adaptadas ás necesidades da peme galega.1.- Solucións FLOSSDebido ao debate que sustenta a utilización dos conceptos “software libre” ou “software de fontes abertas” e que provoca división ideolóxica entre os seus defensores e detractores, neste documento utilizarase o termo FLOSS, acrónimo de “Free/Libre/Open Source”, é dicir, “software libre e de fontes abertas”, proposto pola Comisión das Comunidades Europeas para non entrar neste debate.A idea subxacente detrás do Open Source é que cando os usuarios poden acceder, modificar e redistribuír o código fonte dun aplicativo, este evoluciona, desenvólvese e mellora. Os usuarios adáptano ás súas necesidades e corrixen os seus erros de forma máis sinxela, sen que haxa discriminación de persoas, grupos e usos do aplicativo.Por outra banda, a Free Software Foundation define o software libre 5Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software librecomo unha cuestión relativa á liberdade dos usuarios para executar, copiar, distribuír, estudar, cambiar e mellorar o software, de modo que define licenzas de uso que garantan esas liberdades.A elección de solucións de FLOSS supón unha serie de vantaxes como poden ser:•Eliminación do custo de licenza: os custos de implantación do software céntranse na adquisición de servizos ao redor deste.•Innovación tecnolóxica: isto débese a que cada usuario pode achegar os seus coñecementos e a súa experiencia e, así, decidir de xeito conxunto cara a onde se debe dirixir a evolución e o desenvolvemento do software. Este é un grande avance na tecnoloxía mundial.•Independencia do provedor: ao non existir unha empresa ou institución que dispoña do dereito exclusivo de acceso, modificación e distribución do código fonte, garántese que calquera empresa ou particular poida seguir contribuíndo ao desenvolvemento ou ofrecer servizos ao redor do software.•Escrutinio público: isto fai que a corrección de erros e a mellora do produto se leven a cabo de xeito rápido e eficaz por cada un dos usuarios que cheguen a utilizar o produto.•Adaptación do software: esta característica resulta de grande utilidade para empresas e industrias específicas que necesitan un software personalizado para realizar un traballo específico e co software libre pódese realizar con custos moito máis razoables.•Linguas: aínda que o software se crea e sae ao mercado nunha lingua base, o feito de ser software libre facilita en grande medida a xeración de comunidades de tradución e a localización para que usuarios de diferentes partes do mundo poidan aproveitar estes beneficios.No ámbito do comercio electrónico existen moitas alternativas FLOSS. Estas alternativas soen ofrecer a posibilidade de instalar unha tenda en liña que adoita ser en grande medida básica, cun deseño gráfico e funcionalidade non adaptados completamente aos requirimentos da empresa. En consecuencia, a peme que non posúa coñecementos técnicos ou persoal informático cualificado soe requirir a contratación de servizos expertos que lle axuden a instalar, adaptar e configurar correctamente o seu proxecto de comercio electrónico. Os custos engadidos estarán determinados pola adaptación da solución elixida e a 6Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software librecomplexidade do proxecto particular.2.- Elementos dunha tenda en liñaUnha tenda en liña debe estar composta por unha serie de elementos básicos para poder operar de xeito correcto en Internet:•Catálogo de produtos: un catálogo é a forma en que se organizan os produtos para o seu amosado posterior ao cliente. Unha tenda en Internet debe ofrecer unha vista de cliente para facilitar a compra pero, ao mesmo tempo, unha vista de administración que permita dar de alta os produtos e categorías.•Cesta da compra: mecanismo que ofrecen as tendas en liña para agrupar os produtos seleccionados. Unha vez seleccionados varios produtos é posible realizar a compra en conxunto, realizando o pagamento de todos os produtos comprados.•Mecanismos de promoción e ofertas: un dos elementos básicos de calquera tenda, sexa en liña ou física, é a posibilidade de realizar promocións, descontos especiais ou ofertas seguindo diversos parámetros. Xeralmente, as solucións de comercio electrónico contan con varias opcións de descontos, ofertas baseadas en cupóns ou promocións especiais durante un período temporal.•Motor de procura: dende o momento que o usuario non conta cun acceso físico á tenda, as ferramentas deben ofrecer mecanismos de procura que faciliten o acceso aos produtos da tenda.•Un proceso de compra sinxelo: un dos aspectos fundamentais dunha tenda radica nos pasos que un usuario debe dar para realizar unha compra con éxito. Por esta razón, é importante que o proceso de rexistro, selección de produtos e pagamento sexa un proceso áxil e non restritivo.•Medios de pagamento: unha tenda en Internet debe ofrecer diversos medios de pagamento. Estas alternativas van encamiñadas a mellorar o proceso de compra, xa que existen diversos potenciais clientes que dispoñen de diferentes modos para efectuar pagamentos. Limitar estas posibilidades restrinxirá a capacidade de que os clientes acaben realizando a compra nunha tenda.•Impostos: unha forma de aumentar a fiabilidade da empresa que está detrás da tenda é a existencia dunha transparencia, neste 7Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software librecaso reflectido na xestión e amosado de impostos. É clave permitir o amosado claro de taxas e prezos finais durante o proceso da compra.•Transporte: aínda que unha tenda en liña non conta con limitación física para realizar o proceso de compra, existe unha potencial limitación asociada á distribución do produto. A ferramenta debe permitir o manexo de envíos a través de sistemas de transporte e facilitar a xestión de prezos baseados en diferentes variables (peso, lugar de destino, etc).•Información corporativa, contacto, privacidade e información legal: como parte da transparencia que debe rodear unha empresa que está detrás dunha tenda en Internet, é necesario amosarlle ao cliente os datos da empresa, información sobre a privacidade dos datos e información legal ao redor da tenda en liña. Este aspecto non só é importante para aumentar a fiabilidade da empresa, senón clave para cumprir coa lexislación actual de servizos electrónicos.•Xestión do cliente: finalmente, o último dos elementos que debe considerarse como parte dunha tenda en liña está composto polas funcionalidades asociadas ás contas de cliente. A facilidade de rexistro, por exemplo, a posibilidade de realizar compras como usuario anónimo, ou o control de compras realizadas anteriormente son aspectos destacables. É preciso comentar que deben ser valoradas aquelas ferramentas que faciliten a xeración de produtos recomendados con base nas preferencias ou en clientes que fixeron compras similares, xa que facilitan o acceso a produtos da tenda por parte dos clientes.A publicación Libro blanco del comercio electrónico. Guía Práctica de Comercio Electrónico para PYME, editada pola Asociación Española de Comercio Electrónico y Marketing Relacional (AECEM), é un completo manual que pode servir de referencia para a empresa que estea pensando en vender ou xa se atope vendendo os seus produtos en Internet.3.- MétodoA elaboración deste estudo partiu dunha análise inicial dos aplicativos dispoñibles en Internet que cubriran as funcionalidades de montaxe dunha tenda en liña. Wikipedia recolle un total de 56 plataformas de comercio electrónico entre privativas e libres con funcionalidades de carriño da compra1. Sobre ese espazo de candidatos ao estudo analizouse1http://en.wikipedia.org/wiki/Comparison_of_shopping_cart_software Listaxe comparativa 8Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software librea popularidade das plataformas FLOSS2 con base no seu posicionamento nos buscadores, ao número de implantacións e o tamaño das comunidades de usuarios e desenvolvedores en torno a cada plataforma. Do total de plataformas libres escolléronse cinco para o seu estudo pormenorizado.Por cada unha das plataformas seleccionadas preséntase a súa descrición, características básicas, vantaxes e limitacións, requirimentos técnicos, capturas de pantallas e referencias en Internet.Os datos proveñen dos sitios web oficiais de cada plataforma e da síntese de información relacionada existente actualmente na rede. Para verificar esta información realizouse unha revisión técnica de cada aplicativo, para o que se realizou unha instalación de cada unha das solucións e probas básicas de usabilidade. As conclusións e a análise comparativa realízanse sobre a información recompilada de cada unha das solucións.A análise de tendencias foi realizada comprobando a popularidade dos aplicativos en Internet.de aplicativos de comercio electrónico con carriño da compra.2 http://en.wikipedia.org/wiki/List_of_free_and_open_source_eCommerce_software Listaxe de aplicativos de comercio electrónico FLOSS.9Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre4.- Principais plataformas de comercio electrónico FLOSS3NomeLinguaxe programaciónLicenzaVersión estable actualDataOS CommercePHPGNU General Public Licensev2.3.12010-11-14MagentoPHPOSL Ver. 3 / AFL Ver. 31.4.22010-12-08VirtueMartPHPGNU General Public Licensev1.1.62010-11-23PrestaShopPHPOSL Ver. 3v1.3.42010-12-22UbercartPHPGNU General Public License2.32010-07-16Zen CartPHPGNU General Public License1.3.9d2010-06-03Open CartPHPGNU General Public License1.4.9.12010-10-08BataviPHPGNU General Public License0.9.32010-05-18osCMaxPHPGNU General Public License2.0.252010-03-15SatchmoPythonBSD License0.912010-05-24InterchangePerlGNU General Public License5.6.32010-03-25OFBizJavaApache License 2.09.042009-11-17Broadleaf CommerceJavaApache License 2.01.1.12010-07-28SpreeRuby on RailsBSD Licensev0.30.1(beta)2010-11-173A seguinte táboa foi elaborada con base na información da wikipedia baixo licenza CC-BY-SA. Realizouse o labor de actualización da táboa na propia wikipedia no seguinte enderezo:http://en.wikipedia.org/wiki/List_of_Open_Source_eCommerce_Software. 10Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre5.- Plataformas de comercio electrónico seleccionadasEntre as plataformas de comercio electrónico enumeradas na táboa anterior seleccionáronse os cinco aplicativos obxecto do estudo tendo en conta os seguintes criterios:•Popularidade e tendencia do uso da plataforma en Internet.•Presenza no mercado español.•Existencia de provedores de servizos sobre a plataforma en Galicia.Por orde de relevancia actualmente analízanse para a súa comparación os seguintes aplicativos:•osCommerce•Magento•PrestaShop•VirtueMart•UbercartOs aplicativos seleccionados teñen distintos niveis de especialización. osCommerce, Magento e PrestaShop son aplicativos orientados exclusivamente como solucións de comercio electrónico. No entanto VirtueMart e Ubercart foron deseñados co obxectivo de incorporar aos xestores de contidos xa existentes as funcionalidades necesarias para prover servizos de tenda en liña.11Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre12Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreCAPÍTULO 3.- OSCOMMERCEosCommerce é un sistema de xestión de contidos FLOSS orientado ao comercio electrónico desenvolvido por unha comunidade de software libre. As súas características principais permítenlles aos usuarios instalar, operar e manter as súas tendas en liña coas vantaxes do licenciamento do software libre sen unha grande necesidade de amplos coñecementos técnicos. Con osCommerce é posible instalar unha tenda de forma rápida e sinxela.A comunidade de osCommerce está formada por un equipo de traballo permanente liderado por Harald Ponce de León. Existe unha comunidade de desenvolvedores e usuarios interesados en achegar funcionalidades engadidas que non pertencen ao núcleo do proxecto. A comunidade xa proporcionou máis de 6.000 contribucións descargables dende a sección da comunidade da web de osCommerce. Estas contribucións aumentan a funcionalidade básica de osCommerce con obxecto de solucionar as necesidades individuais dos propietarios das tendas.osCommerce está desenvolvido en linguaxe PHP e MySQL como sistema de xestión da base de datos. A última versión estable é a 2.3.1, contando tamén cunha versión 3.0 alfa.Desde que en marzo de 2000 foi lanzada a primeira versión de osCommerce, a solución alcanzou un alto grao de madurez grazas ás máis de 12.000 tendas en liña operativas en todo o mundo.1.- Características xeraisAínda que osCommerce está en continuo desenvolvemento, considérase estable a seguinte listaxe de funcionalidades, que logo poderá ser modificado dende a administración ou coa instalación de contribucións.As contribucións son desenvolvementos xerados pola comunidade con obxecto de ampliar ou modificar o código PHP orixinal para adaptar a tenda ás súas necesidades.•Funcionalidades xerais◦Compatible con todas as versións de PHP4.◦Todas as características atópanse configuradas ao instalar o produto.◦Posibilidade de instalar multitude de idiomas. Por defecto 13Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreespañol, inglés e alemán.•Deseño gráfico◦Ofrece unha pequena xestión de contidos para poder amosar páxinas de privacidade, legal, etc.◦Soporte para imaxes dinámicas.•Administración◦Soporta cantidades ilimitadas de produtos e categorías.▪Estrutura de categorías que conteñen produtos.▪Estrutura de categorías que conteñen categorías.◦Alta, edición e baixa de categorías, produtos, fabricantes, clientes e revisións.◦Soporte para produtos físicos e virtuais.◦Área de administración asegurada por nome de usuario e contrasinal.◦Contacto directo aos clientes mediante correo electrónico ou boletíns de novas periódicos.◦Copias de seguranza (backup) e recuperación de datos.◦Impresión de albarás e recibos desde o pedido en pantalla.◦Estatísticas dos produtos e clientes.◦Informes: listaxes de visualización de usuarios conectados, estatísticas de mellores pedidos, produtos con stock baixo, produtos máis vendidos e máis vistos.◦Soporte para múltiples idiomas.◦Soporte para múltiples moedas.◦Actualización automática de cotizacións monetarias.◦Selección de que mostrar e en que orde na páxina de listaxe de produtos.◦Soporte para publicidades estáticas e dinámicas con estatísticas completas.•Compras en liña◦Os clientes poden ver o historial de compras e o estado dos seus pedidos.14Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre◦Os clientes poden realizar o mantemento das súas contas.▪Soporte para caderno de direccións con múltiples direccións de cobro e envío.◦Cesta da compra temporal para convidados e cesta da compra permanente para clientes.◦Funcionalidade de procura avanzada.◦Opinións de produtos para unha experiencia de compra interactiva.◦Previsualización do procedemento de pagamento.◦Transaccións seguras con SSL.◦Posibilidade de mostrar ou ocultar o número de produtos por categoría.◦Lista de best-sellers global e por categoría.◦Mostra que produtos compraron outros clientes que xa adquiriron o produto que se está visualizando.•Produto◦Relacións dinámicas dos atributos do produto.◦Descricións dos produtos en HTML.◦Listaxe automática de produtos especiais.◦Control dos produtos que se atopan esgotados ou da súa dispoñibilidade para a venda.◦Posibilidade de subscrición a novidades ou boletíns de noticias relacionados cun produto.•Medios de pagamento◦Acepta múltiples formas de pagamento en liña (TPV virtual, PayPal, E-Pago, etc.)◦Acepta múltiples formas de pagamento offline (transferencia bancaria, ingreso, cheque, etc.)◦Posibilidade de inhabilitar certas formas de pagamento segundo a zona xeográfica do cliente.•Envío◦Módulos baseados en peso, prezo e destino.15Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre◦Orzamentos de envío en liña (UPS, FedEx, etc.)◦Custo gratuíto de envío en función do importe da compra e o destino.◦Posibilidade de inhabilitar certos servizos de envío segundo a zona xeográfica do cliente.•Impostos◦Implementación de impostos flexible, segundo o país de destino.◦Soporta diferentes porcentaxes de impostos segundo o tipo de produto.◦Aplica os impostos no envío a todo o paquete de envío.16Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre2.- Vantaxes e limitaciónsVantaxesLimitacións•Multilingüe. Na instalación predeterminada disponse de tres idiomas: español, inglés e alemán.•Fácil instalación da ferramenta. Dispoñibilidade dun asistente de instalación (Wizard).•Grande comunidade de desenvolvedores externos ao núcleo do proxecto traballando en módulos.•Grande cantidade de módulos dispoñibles.•Hosting compartido e consumo de recursos contido.•Instalación inicial moi básica. Faise necesaria a instalación de módulos para adaptar a tenda ás necesidades mínimas e dispoñer dunha tenda operativa.•O deseño do modelo base pouco moderno e non excesivamente usable e interactivo co usuario.•A instalación de novos módulos pode afectar á funcionalidade xeral da tenda debido a que non está asegurado o seu impacto no núcleo do sistema.•Personalización do deseño gráfico limitado. Requírense coñecementos técnicos.•Ata a liberación da versión 3.0 adoece de ferramentas de mercadotecnia, posicionamento SEO e modelos.•Liberación lenta de novas versións.•Curva de aprendizaxe media.17Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre3.- Requirimentos técnicosPara a súa instalación é necesario dispoñer dun servidor web coa seguinte configuración básica:osCommerce Online Merchant v2.3.1 (14-11-2010)Servidor webApacheLinguaxe de desenvolvementoPHP v4+ (recomendado PHP v5+)Base de datosMySQL v3+ (recomendado MySQL v5+)osCommerce Online Merchant v3.0 Alpha 5Servidor webApacheLinguaxe de desenvolvementoPHP v5.2.0+ (coa extensión MySQLi)Base de DatosMySQL v4.1.13+ ou v5.0.7+É posible a instalación de osCommerce noutros servidores web e noutros sistemas xestores de bases de datos mediante certos axustes.4.- ReferenciasSitio web oficial: http://www.oscommerce.comDescarga das últimas versións::http://www.oscommerce.com/solutions/downloadsDescarga de contribucións da comunidade::http://addons.oscommerce.com/Demos: http://www.oscommerce.com/shops/demonstrationForo oficial: http://forums.oscommerce.com/18Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre5.- Capturas de pantalla19Aspecto da demo oficial de tenda en liña.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre20Panel de administración. Alta dun novo produto.Panel de administración. Estatísticas de produtos máis vistos.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreCAPÍTULO 4.- MAGENTOMagento é unha plataforma de comercio FLOSS desenvolvida orixinalmente pola empresa Varien, na actualidade Magento Inc. Magento está licenciado baixo a OSL versión 3, unha licenza copyleft certificada pola Open Source Initiative como licenza de fontes abertas.Magento ten como punto forte a creación de múltiples tendas dende unha mesma interface de administración. A interface de administración é unha das máis completas dispoñibles no mercado. A integración dos deseños gráficos elaborados polos profesionais faise dunha forma limpa e sinxela.A primeira versión de Magento publicouse no ano 2008. A compañía introduciu no ano 2009 unha versión non libre da plataforma introducindo un novo modelo de negocio para a compañía. Hoxe en día contan con versións Community, Enterprise e Profesional. A única que se pode considerar FLOSS é a edición Community, tendo as outras licenzas privativas.A base tecnolóxica de Magento é a contorna de desenvolvemento Zend Framework baixo a linguaxe PHP. Os seus requirimentos para o aloxamento son superiores aos da competencia.Magento dispón de máis de 2.000 extensións para adaptar as tendas ás necesidades dos comerciantes. Estes módulos están dispoñibles na web de Magento eCommerce. Os engadidos son verificados polos responsables de Magento Inc. achegando máis seguridade para o usuario. Os módulos principais e os da comunidade poden ser directamente instalados a través da área de administración. As páxinas dos módulos comerciais proporcionan información sobre prezos e enlaces para a súa adquisición.Magento é un sistema que actualmente se atopa en auxe. Conta con máis de 2 millóns de descargas e 60.000 tendas en liña operativas grazas ás posibilidades que permite e ao soporte da comunidade.Magento foi traducido ao galego, na súa versión estable no momento de execución da actividade, Magento 1.4.1.1 grazas ao convenio de colaboración asinado pola Xunta de Galicia e a Asociación de Empresas de Software Libre de Galicia, AGASOL. Establecéronse os contactos co equipo de desenvolvemento para que sexa incluído na seguinte versión e mentres tanto a instalación da lingua galega pode facerse manualmente.21Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre1.- Características xeraisA funcionalidade básica de Magento permite a instalación dunha tenda coa maioría de requirimentos para comezar a operar.•Funcionalidades xerais◦Arquitectura modular que permite que se poidan actualizar continuamente as diferentes partes sen que iso lle afecte ao resto.◦Actualización de versións mediante Magento Connect.◦Instalación de módulos de forma sinxela (one-click) con Magento Connect.◦Xestor de contidos integrado.◦Soporte de Widgets.◦Interoperabilidade con outras plataformas grazas á utilización da API de Magento.•Deseño gráfico◦Sistema de modelos que permite un control total sobre o deseño, coa posibilidade de administrar ditos modelos.◦Xestión de páxinas e bloques.◦Editor de modelos de correo.•Administración◦Creación e edición de pedidos de clientes dende administración.◦Xestión de dereitos de acceso á interface de administración.◦Funcións CMS para as áreas administrables.◦Soporte multitenda en varios idiomas.◦Soporte multilingüe.◦Asignación de clientes a grupos.◦Xestión de permisos e roles.◦Xestión independente de categorías, produtos, clientes e pedidos.22Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre◦Importación e exportación de categorías e produtos por lotes.◦Páxina e formulario de contacto.◦Contas de clientes con características de cada un deles.◦Orde e actualización das mensaxes de correo electrónico do cliente.◦Mensaxes de correo electrónico personalizables.•Compras en liña◦Historial de pedidos e estado dos pedidos.◦Seguimento de pedidos do cliente.◦Pedidos en múltiples facturas e múltiples envíos.◦Duplicación de pedidos.◦Acceso directo á conta do cliente, ás súas cestas, ás súas listaxes preferidas, etc.◦Checkout nunha soa páxina.◦Sistema de procura, con procura avanzada.•Produto◦Xestión e control total das fichas dun produto grazas á xestión de atributos.◦Diferentes tipos de produtos: simples, configurables, descargables, agrupados, etc.◦Diferentes prezos por produto◦Xestión de existencias.•Medios de pagamento◦Múltiples formas de pagamento (Amazon, Paypal, Authorize.net, etc.).◦Gardado de tarxeta de crédito para pagamentos offline.•Envío◦Múltiple formas de envío (UPS, DHL, FedEx, etc.).◦Envíos a múltiples enderezos nun pedido.◦Múltiples envíos por pedido.23Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre◦Envíos libres.◦Tarifas por peso e destino, subtotais de produto e destino, número de artigos e destino.•Impostos◦Asignación de tipo de taxas aos produtos.◦Xestión de regras para aplicación de taxas, baseadas en zonas ou en clases.•Enquisas◦Comentarios e etiquetas de produtos.◦Puntuacións.◦Comparativa de produtos.◦Mercadotecnia promocional.◦Xestión de promoción totalmente personalizable.◦Promoción por produto, categoría, marca, tenda.◦Xestión de cupóns (regras de fixación de prezos) con capacidade para restrinxir ás tendas, grupos de clientes, período de tempo, produtos e categorías.◦Agasallos por pedido mínimo ou produto.◦Descontos por pedido mínimo.◦Promoción por cliente.◦Promoción por código de desconto.◦Vendas por lote.◦Comparación de produtos e comparacións recentes de produtos.◦Enquisas.◦Lista de desexos.◦3 niveis de venda cruzada/adicional.•Informes◦Integración de Google Analytics directamente na interface de administración.24Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre◦Notificación dos temas de procura.◦Exportacións dos informes a través de RSS feeds.◦Abandono da cesta da compra.◦Estatísticas: vendas, os produtos máis vendidos, vendas a novos clientes, datos sobre clientes e produtos máis vistos, etc.◦Sistema de informes que ofrece 20 listaxes diferentes con posibilidade de exportar a CSV e outros formatos.•Posicionamento◦Optimización nativa de URL.◦Xestión de títulos, descricións e keywords.◦Google Website Optimizer.◦Xeración de Sitemaps.◦Xestión de noindex, follow…◦Histórico de solicitudes.•Comunidade◦Comunidade en crecemento centrada na empresa que lidera o núcleo do proxecto.◦Módulos para case todas as pasarelas de pagamento.◦Ferramentas para integrar con software de terceiros: mailchimp, facebook (beeshopy), thefind…◦Novas ferramentas en cada versión nova.•Foros e blogs non oficiais25Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre2.- Vantaxes e limitaciónsVantaxesLimitacións•Permite multitendas coa posibilidade de ser administradas desde un mesmo sitio web.•Completo panel de administración.•Permite unha personalización completa do sitio.•Tecnoloxías de mellora da interacción entre o usuario e o aplicativo (AJAX)•Posicionamento en buscadores (SEO).•Funcionalidades de mercadotecnia.•Soporte limitado para a versión Community.•Instalación e personalización complexa para empresas sen recursos técnicos. Require bos coñecementos de programación polo que é recomendable a selección dun bo provedor.•Panel de administración complexo, sobre todo, para empresas sen usuarios de perfil técnico.•Curva de aprendizaxe lenta.•Hosting dedicado. Elevado consumo de recursos de sistema.3.- Requirimentos técnicosOs requirimentos básicos dunha instalación de Magento son os seguintes:Sistema operativoLinux x86, x86-64Servidor webApache 1.3.x, Apache 2.0.x, Apache 2.2.xLinguaxe de desenvolvementoPHP 5.2.13 +Base de datosMySQL 4.1.20 ou máis recente. Motor de almacenamento de datos InnoDB.26Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre4.- ReferenciasSitio web oficial de Magento: http://www.magentocommerce.com/Descarga das últimas versións: http://www.magentocommerce.com/downloadDescarga de extensións: http://www.magentocommerce.com/magento-connectDemos: http://www.magentocommerce.com/demoComunidade Magento en español: http://www.mgnt.es/http://www.elblogdemagento.com/Exemplos de tendas Magento:•The North Face: http://eu.thenorthface.com/tnf-eu-en/men.html•Tenda de lentes: http://www.enjoysunglasses.com•Tenda de roupa para nenos: http://www.minirepublic.com•Tenda de nenos: http://www.dikido.com•Tenda de cosmética: http:// www.cosmeticabelleza.es 27Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre5.- Capturas de pantalla28Demo de tenda en liña da edición Magento Community.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre29Demo de multitenda en liña da edición Magento Community.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre30Panel de Administración da edición Magento Community. Consola de estatísticas da tenda.Panel de Administración da edición Magento Community. Xestión de produto do Catálogo.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreCAPÍTULO 5.- PRESTASHOPPrestaShop é unha solución FLOSS de comercio electrónico. A instalación e posta en funcionamento está pensada para que a pequena e mediana empresa, sen grandes coñecementos técnicos de programación, poida instalar unha tenda web desde o principio e comezar a operar en prazos de tempo reducidos. Ao redor de PrestaShop existe unha comunidade de desenvolvedores que melloran o aplicativo, achegan nova funcionalidade e dan apoio á comunidade de propietarios de tendas en liña (actualmente máis de 40.000 en todo o mundo).PrestaShop foi inicialmente desenvolvido por cinco estudantes da Ecole Informatique EPITECH en 2005 e distribuído baixo Licenza Open Software (OSL) v3.0. A primeira versión estable v1.0 foi lanzada o 31 de xullo do 2008, sendo a versión estable máis recente a v1.3.4 de 22 de decembro de 2010. A evolución da plataforma, debido ao forte impulso por parte do equipo de PrestaShop, é moi rápida estando a piques de liberarse a versión v1.4 que promete grande cantidade de novas características, sendo publicada a primeira versión Beta o 23 de decembro de 2010.PrestaShop dá prioridade a aspectos relacionados coa usabilidade, deseño gráfico e facilidade de uso, utilizando como lema o feito de que é un proxecto para a ”Web 2.0”. Ofrece unha grande funcionalidade, pero ao mesmo tempo trátase dun aplicativo lixeiro que facilita a súa descarga, instalación, actualización e operación, sen consumir moitos recursos do sistema nin comunicacións.Prestashop é un aplicativo modular que permite unha evolución áxil e sinxela. A estrutura do código facilita aos desenvolvedores unha adaptación rápida e fiable ás necesidades do cliente en prazos reducidos. Grazas ao uso de follas de estilo (CSS) e de bloques de módulos modificables, permite unha fácil adaptación ás pequenas ou medianas empresas de comercio electrónico. Unha instalación básica de PrestaShop será, en moitos casos, suficiente para comezar a vender, unha vez personalizada e cargada de contidos. As funcionalidades básicas poden ser ampliadas a través da instalación de módulos xerados pola comunidade ou polo propio equipo de PrestaShop. Algún destes engadidos poden ser privativos.1.- Características xeraisPrestaShop dispón de multitude de funcións por defecto para implantar 31Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreunha tenda en liña totalmente operativa.•Funcionalidades xerais◦Back-Office personalizable.◦Xestión múltiple de usuarios (Back-Office) e dos seus permisos (ACL).◦Modo “En mantemento”.◦Editor texto WYSIWYG completo.◦Sistema de alertas mediante SMS (relacionadas co inventario, novos pedidos, etc.).◦Posibilidade de instalar módulos complementarios.◦Posibilidade de incluír publicidade e integración con Google Adsense na tenda.•Deseño gráfico◦Personalización simplificada dos temas gráficos.◦Posibilidade de definir modelos baseados no sistema de modelos Smarty (non é necesario o coñecemento de PHP).•Administración◦Prezos decrecentes.◦Listaxe de agasallos.◦Produtos personalizables.◦Posibilidade de crear grupos de clientes.◦Xestión das devolucións.◦Consulta en tempo real das cestas creadas.◦Facturas, bonos e albará de entrega en PDF.◦Ofertas especiais (reducións…).◦Importe mínimo de pedido configurable.◦Programa de afiliación.◦Administración de divisas, tipos de cambio e fuso horario.•Compra en liña◦Conservación das cestas creadas polos clientes (cestas 32Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreabandonadas).◦Sistema de puntos de fidelidade.◦Sistema de apadriñamento.◦Seguimento dos seus pedidos por correo electrónico.◦Inscrición á boletín electrónico.◦Estado dos pedidos configurables.◦Formulario de contacto con entradas múltiples.◦Sistema de procura.•Produtos◦Xestión de categorías, subcategorías e produtos ilimitados.◦Packs de produtos e complementos.◦Comentario e valoración dos clientes sobre os produtos.◦Definición de burbullas de información sobre fichas de produtos a ser amosados ao cliente.◦Definición de produtos estrela a ser amosados na páxina de inicio.•Medios de pagamento◦ Medios de pagamento ilimitados (extensións dispoñibles en addons.PrestaShop.com), como por exemplo, Paypal, Moneybookers, Google Checkout, etc.◦Filtro de modos de pagamento por divisas ou país ou grupos de clientes.◦Envío◦Transportistas e destinos ilimitados.◦Notificación por correo electrónico dos estados de entrega (personalizables).◦Posibilidade de seguir o seu paquete por número de pedido.◦Posibilidade de regalar os gastos de entrega.◦Facturación por franxa de prezos ou de peso ou de gastos de envío.•Impostos33Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre◦Xestión de tipos de taxas.•Informes◦Número de visitantes en liña.◦Número de visitas e de visitantes.◦Número de pedidos e volume de vendas.◦Estatísticas de catálogo/taxa de transformación por categorías.◦Estatísticas de produtos.◦Integración con Google Analytics.◦Dashboard gráfico de estatísticas.•Localización◦Tradución en 3 idiomas de forma predeterminada: francés, inglés e español.◦Importar – exportar os paquetes de tradución a partir do Back-Office (.gzip)◦Idiomas ilimitados – 38 idiomas dispoñibles actualmente.◦Ferramenta de tradución en liña.•Posicionamento◦Optimización do posicionamento en buscadores (SEO).◦Xestión dos Meta tags (Meta title, keywords…).◦Google Sitemap.◦URL simplificadas.•Seguridade◦Compatibilidade coa norma PCI DSS.34Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre2.- Vantaxes e limitaciónsVantaxesLimitacións•Multilingüe. Por defecto inglés, francés e español.•Fácil instalación e personalización por usuarios sen coñecementos técnicos.•Panel de administración sinxelo e intuitivo.•Sistema de modelos que facilita a separación entre a lóxica de presentación e a de negocio.•Sinxelo sistema de instalación de novos módulos.•Curva de aprendizaxe rápida.•Baixo consumo de recursos de sistema.•Vista de tenda moi intuitiva.•Comunidade pequena, pouco soporte aínda que en rápido crecemento.•Pouca dispoñibilidade de módulos na actualidade.•Non ofrece revisións de produtos.35Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre3.- Requirimentos técnicosPara a súa instalación é necesario dispoñer dun servidor web coa seguinte configuración básica:Sistema operativoMicrosoft, Linux, UnixServidor webApacheLinguaxe de desenvolvementoPHP 5.0 (algunhas versións de PHP 5 presentan erros que impiden o funcionamento correcto de PrestaShop)Base de datosMySQL 5 (tamén con versións de 4.1.14 a 5.0, pero algunha función non funcionará ou terá comportamentos estraños)4.- ReferenciasWeb oficial en español, francés e inglés: http://www.PrestaShop.comDescarga das últimas versións:http://www.PrestaShop.com/es/downloads/Descarga de extensións de pagamento e gratuítas:http://addons. PrestaShop.com/Demos: http://www. PrestaShop.com/es/showcase_demo/Web da comunidade PrestaShop en español:http://www.todoPrestaShop.comForo oficial en diferentes idiomas:http://www.PrestaShop.com/forums/Guía de usuario en español:http://www.PrestaShop.com/wiki/guia_del_usuario/36Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre5.- Capturas de pantalla37Demo oficial de tenda en liña.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre38Panel de Administración. Consola de información estatística.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre39Panel de Administración. Módulo de informes da tenda.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre40Panel de Administración. Xestión de produto do Catálogo.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreCAPÍTULO 6.- VIRTUEMARTVirtueMart é unha solución FLOSS de comercio electrónico que está dispoñible como un compoñente do xestor de contidos Joomla! (e Mambo), polo que cómpre sempre unha montaxe previa do CMS. Esta tenda virtual está indicada, principalmente, para ser usada pola peme, aínda que debido ao seu rendemento, usabilidade e seguridade ten capacidades para dar servizo a calquera tipo de organización. A integración con Joomla! permite aproveitar os módulos existentes para a plataforma Joomla! na montaxe da tenda en liña.VirtueMart foi publicado a finais de 2003 baixo a denominación mambo-phpShop v0.8.0 e en outubro de 2005 toma o seu nome definitivo, VirtueMart, con novas funcionalidades e características.É o principal compoñente de tenda virtual para o CMS Joomla!. Conta cunha licenza GNU/GPL. O software xa foi descargado da web do proxecto en 2,5 millóns ocasións. A web de VirtueMart ten rexistradas máis de 1500 tendas empregando o aplicativo. A última versión estable é a 1.1.6 publicada o 23 de novembro de 2010.1.- Características xerais•Funcionalidades xerais◦Interface de administración integrado no sistema de administración de Joomla!◦Correo electrónico de confirmación do pedido (personalizable), enviado ao administrador da tenda e ao comprador.◦Soporta múltiples moedas (coa posibilidade de permitirlle ao cliente o cambio de moeda. Na compra úsase a moeda alternativa).◦Soporta múltiples linguaxes (utilizando o compoñente de Joomla! Joom!Fish ou Nooku).•Deseño gráfico◦Posibilidade de modificar os modelos da tenda a través do sistema de modelos de Joomla!41Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre•Administración◦Interface web de administración con funcionalidades en Javascript.◦Múltiples imaxes e arquivos por produto.◦Atributos de produto (talla, cor, etc.) para variantes de produto.◦Tipos de produtos para clasificación (“coche”,”motocicleta”, “música”, etc.)◦Grupos de clientes (permite diferentes niveis de prezos e opcións de pagamento).◦Múltiples prezos por produto (en función da cantidade e/ou grupo de clientes).◦Publicación de prezos flexible (formato de importe e moeda, incluíndo ou excluíndo o imposto).◦Conversión de prezos en liña entre diferentes moedas (utilizando o cambio en liña do BCE ou doutros bancos).◦Estatísticas da tenda. Panel de control cun resumo de novos clientes, novos pedidos, etc.◦Control do nivel de existencias de produtos e artigos.◦Xestor de pedidos con historia do pedido, notificación ao cliente e funcionalidade de revisión do pedido.◦Xestión do estado do pedido.◦Soporta diferentes moedas, países e estados.•Compra en liña◦Posibilidade de engadir produtos á cesta da compra con continuidade na navegación.◦Permite a navegación con base nas divisas.◦Os compradores poden xestionar as súas contas de usuario (rexistro requirido).◦Xestión de enderezos de envío (os clientes poden acceder aos seus propios enderezos de envío).◦Historial do pedido. O comprador pode consultar os seus pedidos anteriores (e os detalles do pedido).42Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre◦Sistema de procura.•Produto◦Soporta un número ilimitado de produtos e categorías.◦Pode ser utilizado como unha tenda ou como un catálogo en liña (é posible ocultar a información de prezos).◦Procura rápida de produtos, categorías e fabricantes, filtrado por características ou produtos en oferta.◦Valoracións de produto e comentarios (publicación moderada ou automática).◦Produtos destacados.◦Dispoñibilidade de produtos.◦Manexo de produtos descargables (virtuais).◦Produto en reposición. Notificación automática para clientes subscritos.•Medios de pagamento◦Capacidade de tratamento de tarxetas de crédito en tempo real.◦Preconfiguración para medios de pagamento como authorize.net®, PayPal, 2Checkout, etc.◦Posibilidade de ampliar a tenda con outros módulos de pagamento mediante Payment Module API.•Envío◦Compañías de transporte e configuración tarifas flexible.◦Obtención das tarifas de envío en tempo real con módulos de envío por exemplo, InterShipper, UPS, USPS, FedEx, ou outros, mediante Shipping Rate API.•Informes◦Informes básicos: artigos vendidos, ingresos mensuais e anuais.•Impostos◦Modelo 1: Cálculo do imposto en función do enderezo de envío.43Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre◦Modelo 2: Cálculo do imposto en función do enderezo do almacén.◦Modelo 3: Modo EU (cálculo do imposto en función do propietario do almacén, cando o cliente vén desde un estado pertencente á Unión Europea.)2.- Vantaxes e limitaciónsVantaxesLimitacións•É unha boa opción se dispomos do CMS Joomla! ou se a tenda en liña debe estar integrada nun sitio web corporativo.•Aproveita as funcionalidades e flexibilidade do CMS Joomla!•Non é unha solución especializada de tenda en liña.• Implantación complexa.•Requírense coñecementos técnicos e de programación.•Curva de aprendizaxe lenta para usuarios non expertos en Joomla!•Estatísticas e informes limitados, amosando só listaxes de produtos por unha serie de filtros previos.3.- Requirimentos técnicosPara a súa instalación é necesario dispoñer dun servidor web coa seguinte configuración básica:Servidor webApache 1.3.19+, recomendado Apache 2.2.xLinguaxe de desenvolvementoPHP 4.2.x+, recomendado PHP 5.2.xBase de datosMySQL 3.23.x+, recomendado MySQL 5.0.xXestor de contidosJoomla! 1.0.x, 1.5.x, ou Mambo >= 4.6.2, recomendado Joomla! 1.0.x44Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre4.- ReferenciasSitio web oficial: http://www.virtuemart.net/Descarga da última versión: http://virtuemart.net/downloadsDescarga de extensións: http://extensions.virtuemart.net/index.phpDemos: http://virtuemart.net/home/demoForo oficial: http://forum.virtuemart.net/Sitio web da comunidade Jommla! en español: http://www.joomlaspanish.org/Tendas Virtuemart de referencia: http://virtuemart.net/home/live-stores5.- Capturas de pantalla45Panel de control de Administración.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre46Demo oficial de tenda en liña.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre47Panel de Administración. Estatísticas da tenda.Panel de Administración. Xestión de produto do Catálogo.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre48Panel de Administración. Módulo de informes da tenda.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreCAPÍTULO 7.- UBERCARTUbercart é unha solución de comercio electrónico FLOSS integrada co sistema de xestión de contidos Drupal, e como este dispoñible baixo os termos da licenza GNU/GPL. Drupal é un sistema de xestión de contidos baseado en tecnoloxía PHP, que conta cunha grande comunidade activa.Unha solución baseada na combinación de Ubercat + Drupal dá lugar á dispoñibilidade, non só dunha tenda en liña, senón de todos os servizos a maiores que ofrece o xestor de contidos como a capacidade de opinar, valorar, obter información, ler artigos e blogs, etc. Isto ofrece un valor engadido a solucións específicas de tenda que non contan con toda a versatilidade dun xestor de contidos. Un escenario moi típico é a posibilidade de integrar a tenda e servizos doutras áreas de empresa e o portal corporativo.Ubercart é un módulo de Drupal composto por submódulos funcionais. Os donos das tendas poden examinar e seleccionar, a través do panel de administración, os submódulos dispoñibles que se atopan agrupados do seguinte xeito: submódulos principais, son as funcións básicas indispensables para crear unha tenda web; submódulos opcionais, non son indispensables, pero habitualmente utilízanse para crear unha tenda máis atractiva; submódulos extra, fulfillment payment, relacionados con funcións de uso infrecuente, información de envío e métodos de pagamento, respectivamente.Esta organización das funcionalidades de Ubercart en módulos permite instalar só aquelas funcionalidades necesarias para unha tenda cuns requisitos básicos. Por esta razón, no caso de Ubercart a avaliación só inclúe os submódulos que son instalados de modo predeterminado cando se instala a ferramenta.Desde o 11 de agosto de 2010 as últimas versións estables de Ubercart son 1.10 sobre Drupal 5 e 2.4 sobre Drupal 6. En 2006 iniciouse o proxecto de desenvolvemento de Ubercart, sendo liberadas a versión 1.0 en xuño de 2008 e a versión 2.0 en outubro de 2009.1.- Características xerais•Funcionalidades xerais◦Interface de administración integrado no sistema de administración de Drupal.49Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre◦Posibilidade de instalar submódulos complementarios.◦Posibilidade de incluír publicidade na tenda.◦Sistema de procura.◦Xestión de roles e permisos.◦Estatísticas a través de Google Analytics.•Deseño gráfico◦Posibilidade de modificar os modelos da tenda a través do sistema de modelos de Drupal.•Produto◦Xestionar catálogos de produtos e produtos.◦Definición de tipos de descontos a produtos.◦Agrupacións de produtos.◦Definición de características especiais, por atributos, con recorrencia ou posibilidade de descarga de arquivos.◦Ofrece a posibilidade de agrupar distintos produtos.◦Permite definir atributos para os produtos e accións condicionais con respecto aos prezos, stocks e os produtos.•Administración◦Posibilidade de instalar e desinstalar submódulos de UberCart.◦Xestión de pedidos e clientes.◦Xestión de inventario.◦Administración de pedidos.◦Administración de clientes.◦Administración de atributos de produtos.◦Definición de accións condicionais ante situacións de falta de inventario ou descontos.•Compras en liña◦Posibilidade de realizar compra do carriño en só un paso.◦Posibilidade de calcular custos de transporte.◦Posibilidade de valorar os produtos.50Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre◦Posibilidade de engadir comentarios aos produtos.◦Posibilidade de realizar compras de produtos dende outras entidades do portal.•Pagamentos◦Integración con diversas pasarelas de pagamento (Paypal, Authorithe.net, Moneris, etc.).◦Integración indirecta con plataformas de pagamento como 2Checkout, Ogone, etc.•Envíos◦Integración con diversas plataformas de envío (UPS, USPS ou FedEx).◦Ofrece definición de tarifa plana ou pagamento baseado en peso.•Informes◦Listaxes de informes de pedidos.◦Listaxe de vendas (resumo e listaxe anual).◦Listaxe de produtos e ganancias.◦Informe personalizado con base en varios parámetros adaptables ás necesidades de usuario.•Impostos◦Posibilidade de definir impostos condicionados a diferentes situacións.◦Como se dixo anteriormente Ubercart é un módulo de Drupal composto por un conxunto de submódulos que se poden ir engadindo na medida das necesidades específicas de cada tenda en liña.51Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre2.- Vantaxes e limitaciónsVantaxesLimitacións•É unha boa opción se dispoñemos do CMS Drupal ou se a tenda en liña debe estar integrada nun sitio web corporativo.•Aproveita as funcionalidades e flexibilidade do CMS Drupal.•Non é unha solución especializada de tenda en liña.• Implantación complexa.•Requírense coñecementos técnicos e de programación.•Curva de aprendizaxe lenta para usuarios non expertos en Drupal3.- Requirimentos técnicosPara a súa instalación é necesario dispoñer dun servidor web coa seguinte configuración básica:Servidor webApache 1.2 ou Apache 2.x, Microsoft IIS 6 ou 7Linguaxe de desenvolvementoPHP 4.3.5+, recomendado PHP 5.2.xBase de datosMySQL 4.1 ou MySQL 5.0, PostgreSQL 7.4Xestor de contidosDrupal 6.x4.- ReferenciasSitio web oficial: http://www.ubercart.orgDescarga das últimas versións:http://www.ubercart.org/downloadsPáxina de Ubercart no sitio web oficial de Drupal:http://drupal.org/project/ubercartForos oficiais: http://www.ubercart.org/forum52Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreDemo: http://demo.ubercart.org/Comunidade hispana de usuarios de Drupal: http://drupal.org.es/Exemplos de tendas Ubercart:•Tenda de calcetíns e roupa interior: http://www.ametrine.no/•Tenda de artigos para bebés: http://www.hugamonkey.com/•Boutique gastronómica: http://gastronomie.kalys.com/•Tenda de modelos (themes) de Drupal http://fusiondrupalthemes.com•Tenda de culturismo: http://www.transformetrics.com/5.- Capturas de pantalla53Demo oficial de tenda en liña.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre54Panel de Administración. Informe de vendas.Panel de Administración. Xestión de produto.Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreCAPÍTULO 8.- ANÁLISE COMPARATIVA1.- Táboa de funcións básicasosCommerceMagentoPrestaShopVirtueMartUbercartAno de lanzamento 1ª versión estable20002008200820052008LibreSiSiSiSiSiProdutos ilimitadosSiSiSiSiSiSoporte SSLSiSiSiSiSiEdición de produtosSiSiSiSiSiEdición de clientesSiSiSiSiSiPosibilidade de revisar os produtos do pedido desde Administración.NonSiNonNonSiCarga de produtos desde arquivos CSVNonSiSiSiSiAtributos de produtoSiSiSiSiSiMúltiples imaxes por produtoNonSiSiSiSiCupónsNonSiSiSiSiDiferentes prezos por grupo de clientesNonSiSiSi?Sistema de modelos gráficosNonSiSiSiSiOrzamentos de envío en liñaSiSiNonSiSiGoogle Checkout integradoNonSiSiNonSiPaypalSi, sen IPNSiSiSiSiPaypal ProNonSiNonNonNonCMS para páxinas informativasNonSiSiSiSiFerramentas de optimización para motores de procura (SEO) por meta tags e URLNonSiSiNonSiCheckout nunha soa páxinaNonSiSiSiSiSoporte multilingüeSiSiSiSiSiSoporte GalegoSiSiSiSiSiSoporte multimoedaSiSiSiSiSiSoporte multitendaNonSiNonNonNonRequirimentos de hospedaxe webHosting compartidoHosting semi dedicadoHosting compartidoHosting compartidoHosting semi dedicado55Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre2.- TendenciasPara complementar a información da táboa resumo e sacar conclusións da popularidade e tendencias de uso en Internet de cada unha das plataformas analizadas estudouse o interese que espertan na rede cada unha das plataformas en distintos ámbitos xeográficos.osCommerce é a plataforma máis antiga xa que os seus inicios datan do ano 2000. Pode considerarse como a plataforma de referencia en termos históricos ata o ano 2009. Nese ano Magento toma o relevo en popularidade na rede. A tendencia da relevancia de osCommerce está decaendo co tempo.Magento é a segunda plataforma en canto á popularidade en termos históricos. Dende a súa publicación no ano 2008 só tardou un ano en superar a popularidade de osCommerce. Dende finais de 2009 mantén unha tendencia alcista, pero a un ritmo máis lento.VirtueMart é unha plataforma con presenza na web dende o ano 2005. A súa popularidade foi ascendendo co paso do tempo cunha tendencia alcista sempre moderada. Hoxe en día supera a osCommerce en termos de popularidade debido ao descenso desta última.PrestaShop ten unha presenza que vai incrementando de forma constante dende a publicación da versión 1.0 en 2008. A popularidade a data de hoxe está ao mesmo nivel que a de VirtueMart, pero cunha tendencia máis alcista e superando tamén a osCommerce.Ubercart comparada coas outras tendas en liña ten unha presenza máis residual, a súa popularidade non fai sombra ao resto das plataformas.Se restrinximos a análise á información dispoñible nos últimos doce meses, pódese concluír que Magento lidera claramente sobre as demais, quedando moi igualadas VirtueMart, PrestaShop e osCommerce. Ubercart, a cesta da compra asociada ao xestor de contidos Drupal, queda moi atrás en cifras.Unha análise centrada no ámbito de España reflicte unha tendencia similar en canto ao decaemento de osCommerce. Debe destacarse que actualmente PrestaShop é a plataforma máis popular cunha presenza moi similar á de Magento. Nos últimos 12 meses as tendencias confirman a tendencia claramente alcista por parte de PrestaShop e un empate técnico entre osCommerce e Magento, seguidos de preto por VirtueMart, e unha certa tendencia positiva na popularidade de Ubercart aínda moi afastada dos seus competidores.56Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreCAPÍTULO 9.- CONCLUSIÓNSTal como se explica na metodoloxía da redacción do informe, unha das tarefas realizadas correspóndese coa análise dos recursos e versións de demostración dos diferentes produtos analizados. Por esta razón, é posible realizar unha comparativa baseada nos seguintes parámetros: usabilidade, facilidade de administración, comunidade, nivel de madurez ou amplitude de funcionalidades.É importante destacar que neste informe existen dous tipos de ferramentas:•As plataformas de comercio electrónico que foron desenvolvidas especificamente para resolver o problema de dispoñer dunha tenda en liña. osCommerce, Pretashop e Magento son exemplos de este tipo de solucións.•Extensións ou módulos que ofrecen funcionalidade de comercio electrónico sobre unha ferramenta de xestión de contidos xeral: VirtueMart e Ubercart son exemplos deste tipo de solucións.1.- osCommerceCon respecto a osCommerce instalouse unha tenda coa configuración predeterminada e tamén se realizou a revisión da comunidade de desenvolvemento. A maiores, realizouse unha revisión de tendas implantadas en produción.As conclusións obtidas son:1.osCommerce é unha ferramenta moi sinxela de instalar xa que foi posible realizar esta instalación sen ningún problema.2.As tendas en produción están dalgún xeito personalizadas, non obstante, a imaxe dada é de pouca riqueza na experiencia de usuario. Esta imaxe vén dada pola falta de dinamismo e interacción co usuario por parte da tenda.Comparativamente coas outras tendas revisadas, osCommerce trátase dunha ferramenta específica para a implantación de tendas en liña máis completa que VirtueMart e UberCart. No entanto, comparada coas solucións competidoras, como PrestaShop ou Magento, está un paso por detrás. Os aspectos máis destacados:1.PrestaShop é unha tenda moito máis sinxela de administrar, ofrece unha mellor experiencia de usuario e é máis intuitiva que osCommerce.57Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre2.Na actualidade, Magento ofrece unha serie de funcionalidades máis completas que osCommerce.3.osCommerce é máis completa que calquera das solucións baseadas en extensións de xestores de contidos: VirtueMart e Ubercart.Con respecto á análise da comunidade, é importante destacar que a comunidade xerada ao redor do núcleo de osCommerce está liderada por un único desenvolvedor con algunha colaboración dun segundo. Este desenvolvedor ten a grande maioría de contribucións. Sendo as contribucións dos outros colaboradores residuais. A maioría de contribucións da comunidade son realizadas sobre módulos externos ao núcleo e non revisados. Existen períodos de inactividade no núcleo de máis de 1 mes.2.- MagentoCon respecto a Magento tratouse de instalar unha tenda por defecto dende a versión Community e revisouse o estado da comunidade de desenvolvemento. A maiores, realizouse unha revisión de tendas e implantadas en produción.As conclusións obtidas son:1.A instalación da versión de comunidade causou moitos problemas. Non foi posible chegar a instalar unha tenda en menos de 10 minutos, sendo necesario depurar problemas coa base de datos e código PHP para chegar a realizar dita instalación. Isto demostra que a versión de comunidade é un proxecto máis descoidado e pensado para xente que dispoña de capacidade para resolver problemas técnicos de nivel medio/avanzado. Por exemplo, existen varias funcionalidades de carácter avanzado que só teñen dispoñibles as versións pechadas.2.É importante destacar que hai grandes empresas que confiaron en Magento para a realización das súas tendas. Esta solución para comercio electrónico conta con máis de 60.000 tendas en liña e basea o seu modelo de negocio na existencia dun dobre licenciamento. Porén, non se pode asegurar que a maioría das tendas estean implantadas a partir da versión de comunidade.3.As tendas revisadas amosan un alto nivel de personalización. A modificación de aspecto debe ser realizado por desenvolvedores con experiencia en HTML, CSS e PHP. É dicir, non é posible evitar a linguaxe PHP para adaptar o aspecto da tenda, sempre e cando non sexan modificacións moi básicas realizables con follas de 58Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreestilo.Comparativamente con outras ferramentas, as conclusións son as seguintes:1.Magento é unha ferramenta dun nivel de usabilidade similar a osCommerce, cunha peor experiencia de usuario que Prestashop. Por exemplo, na tenda base da versión de comunidade de Magento, unha vez se engade un produto a un carriño da compra é necesario acceder ao carriño, cando Prestashop engade o produto ao carriño sen producir ningún cambio na páxina máis aló do propio carriño.2.Por outro lado, este produto é unha ferramenta moi completa, con máis funcionalidades que osCommerce, Prestashop, VirtueMart e Ubercart. Por exemplo, as posibilidades que ofrece para xestión de produtos e catálogo son moi amplas.3.Así mesmo, ofrece moita flexibilidade á hora de xestionar a tenda en liña. Por esta razón, Magento é unha das ferramentas máis utilizadas.4.PrestaShop é unha ferramenta máis intuitiva, sinxela de administrar e con información relevante máis facilmente accesible.5.O modelo base de tenda ofrecido por Magento non é utilizable directamente en produción, cando Prestashop podería ser utilizable.É importante engadir o potencial risco que implica utilizar a versión de comunidade. Isto implica moito máis esforzo de mantemento e resolución de problemas, que só serían ofertados polo provedor elixindo unha das opcións pechadas. Para recibir soporte de Magento sobre a versión de comunidade é necesario procurar empresas de software libre que ofrezan dito servizo.Magento é recomendada sobre PrestaShop para situacións nas que a tenda requira de solucións máis completas e complexas, e nas que a curva de aprendizaxe e facilidade de uso non sexan aspectos clave.Respecto da comunidade, hai dous colaboradores que colaboran principalmente no desenvolvemento. Non se coñecen máis colaboradores a través do rexistro do repositorio de código público que dispoñen. Isto pode significar que Magento é un produto controlado e dirixido exclusivamente por unha empresa. Empresa que dispón dunha versión privativa que avanza con maior rapidez e marca os pasos que se van dando. A edición de comunidade sempre vai por detrás da anterior.A cantidade de colaboracións externas sobre o núcleo son moi pouco 59Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreperiódicas e de grande calado. Isto fai supoñer que se fan melloras nos momentos en que a empresa decide actualizar a versión de comunidade con melloras que veñen das versións privativas.3.- PrestaShopCon respecto a Prestashop instalouse unha tenda coa configuración predeterminada e revisouse o estado da comunidade de desenvolvemento. A maiores, realizouse unha revisión de tendas implantadas en produción.As conclusións destas probas son:1.As tendas visitadas están moi personalizadas e teñen un aspecto moi moderno.2.A usabilidade das tendas implantadas sobre Prestashop soe ser moi boa, ofrecendo unha boa experiencia de usuario e unha interface moi amigable e orientada a facilitar a compra.3.A administración da tenda é moi sinxela e a curva de aprendizaxe da ferramenta é moi baixa.4.A instalación da tenda realizouse sen ningún problema.5.Comparando PrestaShop coas outras solucións:6.Prestashop está enfocada na facilidade de uso, interactividade e usabilidade da vista de usuario.7.Permite dispoñer de varios modelos base actuais.8.PrestaShop é unha ferramenta menos completa que Magento, faltándolle aspectos como revisión de produtos ou montaxe de multitenda.A grandes trazos PrestaShop recoméndase para tendas en liña que vexan cubertas as necesidades coas funcionalidades que ofrece, sempre e cando un dos aspectos clave da tenda sexa a experiencia de usuario e a facilidade de uso da ferramenta.Con respecto á análise da comunidade, existe un grupo de catro desenvolvedores que colaboran activamente na comunidade, contando con colaboracións puntuais doutro grupo de 20 persoas. De todas as ferramentas analizadas, Prestashop conta cun núcleo de traballo máis distribuído. Detrás do desenvolvemento de PrestaShop hai unha empresa que ofrece servizos de soporte e consultoría ao redor do comercio electrónico. O proxecto está moi activo e recibe colaboracións periodicamente.60Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre4.- VirtueMartA instalación de VirtueMart implica o coñecemento e instalación de Joomla! Por esta razón, fíxose a proba de versión de demostración en liña que ofrecen os autores. Tamén se revisou o estado da comunidade do proxecto. Actualmente existen publicadas 1.500 tendas que utilizan a ferramenta, polo que a sitúa un paso por detrás a nivel de madurez e implantación de PrestaShop, osCommerce ou Magento.As conclusións destas probas son:1.Grazas a ser unha extensión o usuario sae beneficiado de todas as funcionalidades que Joomla! ofrece combinadas coa posibilidade de contar cunha tenda.2.A personalización das tendas visitadas é alta e depende do sistema de modelos que ofrece Joomla! É importante salientar que modificar os modelos implica realizar modificacións utilizando a linguaxe PHP.3.Os usuarios con experiencia en xestión de contidos en Joomla! atoparán a interface de administración sinxela de usar. Mais para o resto de usuarios, a curva de aprendizaxe será maior, dada a necesidade de coñecer todos os aspectos xerais da interface.4.Comparativamente, VirtueMart é menos completo que osCommerce, PrestaShop ou Magento:5.En consecuencia, se os requirimentos da tenda en liña se basean na necesidade de ter unha ferramenta específica, recoméndase ir a unha solución baseada en PrestaShop ou Magento.6.Para requirimentos orientados a compartir servizos baseados en xestión de contidos cunha tenda en liña, VirtueMart convértese nunha opción válida.7.Esta vantaxe anterior combínase coa flexibilidade que lle achega á ferramenta ao formar parte dun contorno máis xeral como é un xestor de contidos.8.A nivel de usabilidade só PrestaShop destaca sobre as demais, polo que VirtueMart se atopa ao nivel de osCommerce ou Magento.9.A implantación dunha tenda con VirtueMart non é tan sinxela e vai requirir dun maior traballo de definición de arquitectura de contidos, deseño e implantación da solución.A nivel de comunidade, VirtueMart conta con cinco colaboradores con máis de cen colaboracións puntuais ao código do proxecto. Ademais, hai máis de vinte persoas que dalgún xeito chegaron a achegar algo ao 61Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software librecódigo. Agora ben, o principal contribuidor deixou de estar activo no ano 2009, polo que sería necesario realizar unha análise máis en profundidade da evolución de VirtueMart dende a súa baixa antes de tomar a decisión de decidir adoptala. Detrás do proxecto hai unha empresa que ofrece servizos sobre este, sendo os maiores colaboradores do código.5.- UbercartA instalación de Ubercart implica o coñecemento e instalación de Drupal. Por esta razón, fíxose a proba de versión de demostración en liña que ofrecen os autores. Tamén se revisou o estado da comunidade do proxecto.As conclusións destas probas son:1.Existen moi poucas tendas de exemplo que implantasen Ubercart en tendas en explotación real. En consecuencia, semella ser a ferramenta menos madura.2.Existe unha sección de referencia onde hai 130 tendas implantadas.3.A interface de usuario que ofrece Ubercart de forma predeterminada non é utilizable en contornos de explotación, e require un grande traballo de reestruturación.4.A personalización das tendas visitadas depende do sistema de modelos que ofrece Drupal. É importante salientar que modificar os modelos implica realizar modificacións utilizando a linguaxe PHP, excepto que se instale un sistema de modelos específico.5.Os usuarios con experiencia en xestión de contidos en Drupal atoparán a interface de administración sinxela de usar. Con todo, para o resto de usuarios, a curva de aprendizaxe será maior, dada a necesidade de coñecer todos os aspectos xerais da interface.6.De xeito similar a VirtueMart, Ubercart é unha extensión dun xestor de contidos (Drupal), polo que a instalación dunha tenda implica a implantación previa dun xestor de contidos.7.En comparación coas demais ferramentas:8.Ubercart é a solución analizada menos completa a nivel funcional.9.Ubercart pode integrarse con entidades do xestor de contidos máis xerais.10.Está menos madura que VirtueMart comparándoa só coa outra ferramenta baseada en extensións, aínda que ofrece máis 62Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software librepasarelas de pagamento e máis informes estatísticos.11.Só se aconsella Ubercart como solución de tenda en liña para aqueles casos nos que o usuario necesite traballar sobre a existencia dun portal desenvolvido en Drupal previamente, ou sobre a base de elección de Drupal por outras razóns. En calquera outra situación o máis común é escoller outra solución.Con respecto á comunidade, UberCart conta cun desenvolvedor líder e menos de dez persoas que contribuíron dalgún xeito ao proxecto. Conta con actividade durante o último mes pero semella unha actividade baixa en cantidade e periodicidade. Aínda que non semella que exista unha empresa ao redor de UberCart, existe a posibilidade de requirir os servizos dos desenvolvedores principais do proxecto, o cal dá lugar á idea de que se está tratando de facer crecer a comunidade.63Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libre64Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software libreCAPÍTULO 10.- GLOSARIO DE TERMOSNa seguinte listaxe descríbense algúns termos técnicos utilizados ao longo do documento.AJAX: Acrónimo de Asynchronous JavaScript And XML (JavaScript asíncrono e XML). É unha técnica de desenvolvemento web para crear aplicativos interactivos. Unha das súas características principais é que permite mellorar a interacción do usuario co aplicativo, evitando as recargas constantes da páxina, xa que o intercambio de información co servidor prodúcese nun segundo plano.Back End: Interface do administrador ou programador do aplicativo.CMS (Content Management System): O xestor de contidos é un aplicativo informático usado para crear, editar, xestionar e publicar contido dixital en diversos formatos.Framework: Conxunto de compoñentes especializado e optimizado que facilita o desenvolvemento de aplicativos informáticos ao mesmo tempo que mellora o seu rendemento.Front End: Interface do usuario final do aplicativo.IPN (Instant Payment Notification): É un servizo de mensaxes utilizado por PayPal para notificarlles eventos aos usuarios como: pagamentos instantáneos (inclúe pagamento exprés e pagamentos con tarxeta de crédito), cargos en conta bancaria e estado asociado (pendente, completado ou rexeitado, etc.).PCI DSS (Payment Card Industry Data Security Standard): Estándar de Seguridade de Datos para a Industria de Tarxeta de Pagamento. Este estándar foi desenvolvido por un comité conformado polas compañías de tarxetas (débito e crédito) máis importantes. Comité denominado PCI SSC (Payment Card Industry Security Standards Council) como unha guía que axude as organizacións que procesan, almacenan e/ou transmiten datos de titulares de tarxetas a asegurar devanditos datos, co fin de previr as fraudes que involucran tarxetas de pagamento débito e crédito.PEAR (PHP Extensión and Application Repository): É unha contorna de desenvolvemento e sistema de distribución para compoñentes de código PHP.PHP (PHP Hypertext Pre-processor): É unha linguaxe multiplataforma orientada ao desenvolvemento de aplicativos web dinámicos con acceso a información almacenada nunha base de datos.SEO (Search Engine Optimization): O posicionamento en buscadores ou posicionamento web é o proceso de aplicar técnicas para mellorar a 65Comparativa de plataformas de comercio electrónico en software librevisibilidade dunha páxina web nos diferentes buscadores como poden ser Google, Yahoo! ou Bing.SSL (Secure Socket Layer): Sistema que permite que a información (normalmente datos económicos) viaxe cifrada evitándose que poida ser lida. É o método que permite garantir unha alta seguridade no comercio electrónico.WYSIWYG: Acrónimo de What You See Is What You Get («o que ves é o que obtés»). Aplícase aos procesadores de texto e outros editores de texto con formato, como os editores de HTML, que permiten escribir un documento vendo directamente o resultado final.